Manobras militares de USA no caribe apuntan a Venezuela

Nos últimos días e en plena pandemia de COVID-19, os Estados Unidos, lonxe de baixar a presión sobre Venezuela para aliviar as dificultades sanitarias provocadas polo bloqueo imposto por eles mesmos ao país caribeño, aumentou as sancións e os métodos coercitivos para tratar de forzar un troco no goberno daquel país.

Ademais do xa citado bloqueo financeiro, que impide á nación latinoamericana mercar menciñas polas vías habituais nos mercados internacionais, estes días comezaron unhas manobras militares fronte ás costas da nación bolivariana,  teoricamente para combater o narcotráfico.

Nada disto chamaría a atención se non fora polo feito de que o 93% das drogas que entran diariamente nos estados unidos non o fixeran pola costa pacífica e só un 7% pola caribe, da que ademais, sería difícil acreditar que a totalidade sae por Venezuela.

Bloqueo Naval

Tamén, e por se non fora suficiente a presión, días antes, os mesmos Estados Unidos, por vía do seu fiscal xeral, viña de ofrecer unha recompensa millonaria, pola cabeza do presidente Nicolás Maduro e outros membros do seu goberno coa mesma “xustificación” do narcotráfico. O mesmo que segundo as propias axencias antidrogas norteamericanas, apenas pasa polo caribe.

Todo isto levou ao vicepresidente Venezolano a denunciar que o bloqueo naval dos Estados Unidos que estaría impedindo a chegada por mar ao país caribeño dos aditivos precisos para producir gasolina o cal xunguido ao previo bloqueo financeiro e sobre as exportacións de petróleos da nación latinoamericana, podería levar a unha penuria de gasolina, tan precisa para os traslados de equipos e infectados nun momento de crise sanitaria.

Medios desminten

Incluso xornais tan pouco sospeitosos de simpatizar co goberno Venezolano coma “El País” e “ABC” confirman que a suposta operación antidrogas apunta realmente a Venezuela e ao mesmo tempo que son as propias organizacións do goberno de Washington, coma a Oficina de Política Nacional de Control de Drogas do goberno federal, as que coas súas cifras desmenten que una cantidade significativa de drogas pasen por territorio venezolano.

Todas estas informacións pódense verificar no xornal privado e de liña opositora de Venezuela, “El Universal” e nos xornais españois “El País” e “ABC”, nas seguintes ligazóns;

https://www.eluniversal.com/politica/66537/el-aissami-denuncia-bloqueo-naval

https://elpais.com/internacional/2020-04-05/la-operacion-antidrogas-de-trump-apunta-a-venezuela.html

https://www.abc.es/internacional/abci-despliegue-militar-eeuu-frente-venezuela-202004021915_noticia.html

 

 

 

Comparte:

Artigos recentes