Puerto Rico non renuncia ás súas orixes

A pertenza á terra nunca se debe esquecer.

Este video e esta canción, “La Perla”, é unha homenaxe ás orixes, dos boricuas (portorriqueños) e un canto á cultura do país. A vida dos barrios, en particular a do barrio da Perla, na cidade de San Juan, non é tan diferente a da Galiza do século XX, até a entrada no “Mercado Común” (UE) aló polo fin dos oitenta.

A illa caribeña de Porto Rico é un territorio cun status semicolonial moi especial. Dende a súa “independencia” de España pasou a ser unha colonia dos Estados Unidos, (baixo o  eufemismo de “Estado libre asociado”) con todas as obrigas da pertencia pero sen practicamente ningún dos seus dereitos. Por exemplo, os portoriqueños non poden participar na elección do presidente de EEUU, país desde onde se toman a maior parte das decisión que inflúen na súa vida cotián, pero o presidente de Puerto Rico non pode tomar moitas decisións importantes, sen a autorización do goberno, ou o congreso, de USA. A única “ventaxa” significativa da adhesión é que os seus habitantes  poden emigrar a Estados Unidos sen atrancos, o que ten como consecuencia que estean a residir fora de Porto Rico o dobre de portorriqueños que na illa.

Existe un movemento independentista duramente reprimido. Militantes, coma Óscar López Rivera, que nunca cometeron delito ningún, pasaron máis de 35 anos nas cadea dos EEUU pola súa actividade a prol da independencia da súa nación. Polo demais, cando un visita Porto Rico, decatase de que é un país completamente latinoamericano e caribeño, na súa cultura, formas, lingua e mesmo estrutura económica e social. Iso sí, cunhas estradas desproporcionadamente amplas (moi ao xeito estadounidense), amáis de  que todos os grandes comercios da illa son de empresas do veciño do norte e, polo tanto, levanse os seus cartos todos aló.

 

Comparte:

Artigos recentes