Esforzo educativo en Venezuela

Ignacio Cossini-Alba Costas

“Un pobo de homes educados será sempre un pobo de homes libres, a educación é o único medio para salvarse da escravitude”

Martí.

A educación ten sido un dos principais eixos da política venezolana e un dos principios políticos do país, sendo a mesma  de inspiración humanista, democrática e integradora.

Grazas a iso o  28 de octubre de 2005 a Organización das Unidas para la Educación, la Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou Venezuela Territorio libre de analfabetismo.

Isto conseguiuse despois de educar e alfabetizar a centos de  milleiros de venezolanas e venezolanos, entre eles moitos indíxenas. Nun primeiro momento a través do programa cubano “Yo sí puedo” e despois a través da Misión Robinsón que permitiron a 1.428.000 adultos maiores aprender a ler e escribir.

Para isto instalaronse  80.000 puntos de alfabetización por todo o país, 136.041 salas educativas, as salas de aula na casa, as salas de aula educativas, e a educación popular nun grande esforzo nacional. Dende mulleres e homes de mais de noventa anos ate nenos que nunca foran escolarizados, incorporaronse ao sistema educativo.

O financiamento da educación pública en Venezuela é responsabilidade do Estado, que outorga a este sector unha partida do presuposto nacional e conta tamén co aporte doutros organismos.  O Ministerio de Educación é o encargado de realizar toda a tramitación precisa para a asignación do presuposto anual.  Esta inversión está orientada á construcción, ampliación, rehabilitación, equipamento e mantemento de edificacións escolares; así como á dotación de servizos, equipos, ferramentas ou programas telemáticos.  Facendo un recorrido histórico polo porcentaxe do PIB destinado á educación en Venezuela vemos claramente o seu incremento:

  • Ano 1995: 19´69%
  • Ano 2009: 20´66%
  • Ano 2018: 22´2%

O estado organiza e administra a política educativa coma un proceso único, integral, social, humanístico, sistemático e metodolóxico; deste xeito se regulan tódolos niveis e modalidades da educación a través do ordenamento xurídico de todas as súas leis, tanto educativas coma administrativas.

Baseándose na lexislación educativa vixente, o Ministerio de Educación encárgase da programación, secuenciación e organización das actividades escolares ó longo dos 180 días hábiles dos que dispón o curso escolar, dende Marzo ata Decembro.  Seguindo coa necesidade de organización da educación atopamos, nos centros educativos, varios órganos ou consellos: Consello Directivo, Consello Técnico Docente, Consello de Sección, Consello de Docentes e Consello Xeral.

A educación en Venezuela ten, dende o ano 1870, un carácter obrigatorio dende a educación preescolar ata o nivel medio diversificado, é completamente gratuit a todos os niveis.  A continuación preséntase un resumo onde figuran os diferentes niveis académicos:

Educación inicial ; 0-6 anos

Educación básica ; 6-12 anos

Educacion media xeral ; 12-15 anos

Educacion Media Diversificada; 16- 18 anos (até 17 título de bacharelato e até 18 título de técnico medio)

Educacion Universitaria; Mais de 18 anos

Cabe resaltar pola súa importancia a Educación Técnica Profesional creada nun momento no que o déficit do número de técnicos e especialistas estaba en decadencia en relación coas crecentes necesidades; fúndanse, polo tanto, Escolas Técnicas Industriais, Agropecuarias, Comerciais e Asistenciais.

O servizo educativo venezolano conta tamén cunha modalidade de Educación Especial que ten como obxectivo principal atender ás persoas que por características físicas, intelectuais ou emocionais propias, non poden adaptarse ós niveis de ensinanza ordinarios  En Venezuela, a Educación Especial exércese en varias etapas educativas e diferentes centros.: centros de desarrollo infantil (CDI), institutos de educación especial (IEE), talleres de educación laboral (TEL), aulas integradas, unidades psicoeducativas (UPE), centros de atención para nenos con dificultades de aprendizaxe (CENDA), centros de rehabilitación da linguaxe (CRL), equipos de integración sociais, etc.

Existe tamén un circuíto especifico de Educación para Adultos dentro do sistema educativo venezolano.  Ten por obxecto proporcionar a formación cultural e profesional indispensable que os capacite para a vida social, o traballo produtivo e a prosecución dos seus estudos”.  A partires do ano 2003, o Goberno ampliou os servizos educativos para adultos, a través da posta en práctica das misións educativas; a través delas, alfabetizáronse e incorporáronse á educación básica a máis de 2.400.000 persoas, beneficiándose polas Misións Robinson e polas Misións Ribas.

Tamén existen outros tipos de atención educativa relacionados coas principais artes escénicas, podemos atopar: escolas de cine, escolas de danza ou escolas de música e o famoso sistema de orquestas programa coñecido por rescatar a rapaces novos en circunstancias extremadamente empobrecidas, desde sistema saeu o afamado director Gustavo Dudamel.   Este sistema si ben era anterior medrou e comezou a incluir outros tipos de músicas diferentes da música clásica grazas aos esforzos dos gobernos de Chavez.

A educación tamén traballa en acadar a igualdade de xénero nun país onde as mulleres se ven obrigadas a responsabilizarse soas dos seus fillos con demasiada frecuencia.  Actualmente, a variación porcentual de matrícula entre ambos sexos mantense equitativa nun 50%.

Un tema relevante e prioritario na educación do país é a laicidade, nun país moi cristián. Segundo a lexislación queda polo patente a liberdade relixiosa no pais, pero non se oferta a educación relixiosa nas escolas públicas.

Existen dúas modalidades de educación en canto ó seu financiamento se refire: a educación pública e a educación privada.  Nos derradeiros anos houbo un decrecente índice de alumnado matriculado nas escolas privadas, o que se pode observar nos datos de matriculación para o curso escolar 2018/2019, matriculáronse un total de 6 millóns de alumnos/as nas escolas públicas e 200.000 en escolas privadas; esta cifra representa un crecemento dun 16,37% da educación pública venezolana, en comparación ó ano pasado.  Dende o goberno xustifícase este crecemento polo alto prezo das inscripcións na educación privada.

É importante destacar o incremento de prazas universitarias coa chegada da Revolución Bolivariana a matricula da educación superior ascendendeu en mais de dous millóns de estudantes.

Isto é moi importante pois un dos problemas principais que topaban as personas de clase traballadora para o acceso á universidade antes do goberno de Chávez era que os cupos universitarios eran moi limitados e os exames de acceso ás grandes universidades públicas eran internos de cada unha delas. Estes dous elementos fixeron que cada vez mais ó acceso ás universidades públicas quedara restrinxido ás persoas de clases medias e medias-altas (as clases mais altas de todas no tiñan problema en pagar unha universidade  privada en USA) xa que eran esstas persoas as que asistian aos mellores centros de educación media (moitos privados), nas mellores zonas e tiñan os mellores ambientes de estudo nas súas casas e zonas. Isto é igual en certa medida en Galiza, pero se tes rematada a educación secundaria e pasas unha proba xeral , tes asegurado o acceso a algunha carreira universitaria. En Venezuela isto non acontecia polo que salvo honrosísimas excepcións, a xente de menos recursos non podía estudar na universidade absolutamente nada unha vez rematada a educación secundaria.

Isto mudou a partires dos plans do goberno bolivariano.

Dadas as dificultades coas que se atopou de cotío a 5ª Republica ao herdar, funcionarios e sistemas corrompidos, para axilizar as necesidades máis urxentes do país veñense levando a cabo, diferentes plans, misións e proxectos. Tamén na educación.

A continuación preséntanse varios dos programas e proxectos levados a cabo polo goberno venezolano en materia educativa:

  • Escolas Bolivarianas: Este proxecto consta dunha rede de escolas que atenden a nenos/as dende os 0 ata os 12 anos de idade, determinando a educación inicial e a atención infantil. Esta rede de escolas responde a necesidade xerada por factores cómo: a exclusión escolar, a desnutrición, o baixo rendemento escolar, a formación individual, etc.  O seu obxectivo xeral é brindar unha educación integral; unha pedagoxía aberta, reflexiva e construtiva; e establecer unha ampla relación coa comunidade para xerar un cambio efectivo no sistema educativo.

 

  • Proxecto Simoncito: É un proxecto educativo do ano 2002 destinado a nenos/as de entre os 0 e os 6 anos de idade. Unha proposta dirixida ó desenrolo integral nas fases maternal e da primeira infancia, co fin de garantir unhas condicións sociais, educativas, asistenciais e nutricionais que permiten ó neno/a desenrolarse plenamente e, posteriormente, seguir coa Educación Básica.

 

  • Misión Ribas: Esta misión, desenrolada dende o ano 2003, ten a finalidade de aportar unha rede de 100.000 becas á todas aquelas persoas que non poderán rematar os seus estudos de bacharelato ou secundaria con escasos recursos económicos e unha posterior integración no mundo laboral. A metodoloxía innovadora empregada nesta misión consiste en clases telemáticas, onde se fan “videoclases” con un facilitador ou condutor das mesmas.

 

  • Misión Robinson: É un programa social creado no ano 2003 para ensinar a ler e escribir a poboación analfabeta venezolana con materiais elaborados en Cuba (materiais chamados: “Eu sí podo”, por exemplo: libros, útiles escolares, diapositivas, lentes para xente con problemas de visión, etc.). O programa dispón de varios niveis dependendo dos coñecementos da persoa.

 

  • Misión Sucre: Unha misión orixinada no ano 2003 que pretende levar a educación superior por todo o país, garantizando o acceso á educación universitaria de tódolos bachareles sen cupo para ingresar nunha universidade e a municipalización da educación.

 

  • Canaima educativo: O proxecto “Canaima Educativo” chega en 2009 sendo iniciado polo goberno da República Bolivariana de Venezuela co obxectivo de permitir a tódolos estudantes venezolanos ter acceso a unha educación básica reforzada co apoio da informática e na liña da era tecnolóxica actual.

 

Gracias ao programa Canaima Educativo, o goberno fai chegar a cada estudante un ordenador. Os computadores dispoñen de un sistema operativo de liciencia gratuíta, e un paquete de programas de software que dan acceso a cada estudante á contidos académicos, bibliotecas, software de ofimática e unha serie de ferramentas que os axudarán durante a súa etapa estudantil.

No caso do hardware, o goberno da República Bolivariana de Venezuela, chegou a un acordo co goberno de Portugal en 2009 para o suministro das distintas partes.  Este acordo segue vixente hoxe en día, gracias a colaboración do goberno da República China.  Os compoñentes de hardware transpórtanse a Venezuela, onde venezolanos e venezolanas se ocupan do ensamblado. Así, acádase un obxectivo a maiores, que é o da creación de emprego na industria venezolana, un emprego na área tecnolóxica con perspectiva de futuro, no que o froito do traballo queda no pobo venezolano e dase unha transferencia tecnolóxica.

No caso do software, creouse unha distribución do sistema operativo Linux, que inclúe un paquete de ferramentas de licencia aberta.  Créase así unha nova distribución de Linux chamada Canaima, baseada en Linux Mint, que distribúese instalada en tódolos computadores que se proveen ós estudantes; xerando, de novo, emprego tecnolóxico na rama do desenvolvemento e mantemento de software por e para os venezolanos, e ademais aforrando o coste de ter que comprar millóns de licencias de outro sistema operativo, o que faría quizais o programa inasumible ou con acceso a menos persoas.

En termos numéricos, ata o ano 2017 repartíronse un total de:

Miniportatiles Canaima: 4,422,493

Tabletas: 998,908

Total de: 5.421.401

 

  • RENADIT (Red nacional de actualización docente mediante o uso educativo da informática e da telemática): O seu obxectivo xeral é conformar unha rede de docentes, institucións e especialistas educativos de diferentes áreas para o impulso dunha formación docente. Nesta plataforma, a través de opinións, experiencias e recursos; os docentes venezolanos achéganse a unha formación continua e de calidade.

 

  • Misión Ciencia: Esta misión, do ano 2006, ten a finalidade de modelar unha nova cultura científica e tecnolóxica en Venezuela; así, xestou a creación, producción e aplicación de coñecementos científicos e tecnolóxicos.

 

  • Programa de Alimentación Escolar: É un programa desenrolado para mellorar a nutrición do alumnado mediante o suministro dunha alimentación diaria, variada e adecuada. Este programa atende ó alumnado da Educación Inicial, da Educación Básica, da Educación Especial, Media Diversificada e Profesional.  Entre o curso escolar 2018-2019, este programa atendeu a máis de 22.000 alumnos/as.

 

 

O perfil internacionalista do goberno venezolano pon de manifesto a importancia de compartir experiencias e plans educativos con Latinoamérica e internacionalmente.  Podemos constatar, por exemplo, que no ano 2016, Venezuela propuxo ante a UNESCO un novo orde internacional e unha reforma educativa global.  Coas súas propias palabras, o embaixador de Venezuela Jesús Arnaldo Pérez dixo: “é precisa a loita sen descanso contra o analfabetismo e para iso o emprego de metodoloxías innovadoras, tendo en conta experiencias tan existosas coma o método “Eu si podo”, ampliamente experimentado no noso país”.  Por outro lado, e para engrosar este amplo perfil de solidariedade educativa, fundouse a Misión Robinson Internacional, que provén da coñecida “Misión Robinson” (ano 2003), a nivel mundial, esta misión xurde no ano 2006 coa intención de cooperar e intercambiar experiencias educativas e deportivas con outros países de Latinoamérica e do mundo. Así como intercambios que teñen  permitido estudar en Venezuela a mozas e mozos doutros países de América Latina e o Caribe como por exemplo Haití ou Colombia, estudos de diferentes carreiras como  Medicina que no seu país de orixe terían sido inasumíbeis polos costos.