“Pandeirada ao Che”, de Xulio Formoso e Farruco Sesto

Acompaña a nota o vídeo coa gravación orixinal

A “Pandeirada ao Che”, facía parte do primeiro LP gravado en galego; fíxose en Venezuela no ano 1969, durante o franquismo. O LP, unha idea de Celso Emilio Ferreiro,  levaba por título “Galicia Canta”.  Hoxe considérase un disco histórico. Unha das súas pezas mais salientabeis foi precisamente esta “Pandeirada ao Che”; na gravación orixinal era Celso Emilio quen tocaba o pandeiro. A peza fora composta por Xulio Formoso -músico, enxeñeiro e artista plástico- e a letra é de Farruco Sesto -poeta, artista e arquitecto- quen foi Ministro durante once anos con Hugo Chávez e Nicolás Maduro.  Moitos anos despois,no 2005, o grupo folk galego “Luar na Lubre” incluíu unha versión no seu traballo “Saudade”(que incluímos na nosa sección de vídeos).

Velaquí a versión orixinal con Celso Emilio ao pandeiro.