Venezuela, recoñecida pola ONU e a OMS como modelo a seguir, pola súa estratexia e resultados no tratamento da pandemia

Venezuela é un modelo a seguir na loita contra o covid-19, como demostran os seus resultados, comparados con outros países americanos,

Segundo o informe diario da OMS, a data 7 de maio, o número de vítimas mortais da pandemia  en Venezuela, por millón de habitantes, era 22 veces inferior ao de Colombia, 42 veces ao de Brasil, 43 veces ao de Chile, 130 veces ao do Perú, 273 veces menor que ao de Ecuador e 572 veces inferior ao dos Estados Unidos.

En Nova York dado o elevado número de casos de Covid-19 foi preciso realizar unha gran foxa común en Hart Island, a Illa dos Mortos fronte ao barrio do Bronx.

 

Por este motivo, a ONU ven de solicitar autorización do goberno venezolano para estudar as medidas utilizadas e poder aplicalas noutros países, e a OMS convidouno a expor a súa estratexia e resultados, nunha reunión virtual, coa participación dos ministros de saúde de todo o mundo, celebrada o pasado xoves, día 7.

 

 

Mortos abandonados nas rúas de Ecuador

 

As Nacións Unidas solicitan permiso a Venezuela para estudar a súa estratexia contra a pandemia.

A coordinación do Sistema das Nacións Unidas (ONU), presente en Venezuela, solicitou permiso ao goberno bolivariano para estudar a súa estratexia contra a pandemia de Covid-19. “Os expertos refírense á estratexia de supresión (como se denomina epidemiolóxicamente) e piden autorización para estudar este modelo, a fin de poder reproducilo noutros países”, declarou a vicepresidenta da República, Delcy Rodríguez, logo dunha reunión do grupo de traballo permanente con expertos da ONU, no pazo presidencial.

Delcy Rodríguez aclarou que os xefes da organización internacional valoraron  o modelo e tamén a ruta epidemiolóxica que permitiu ao país rexistrar un rápido aplanamento e caída da curva de propagación, dende as diversas medidas aplicadas precozmente até o relaxamento progresivo da corentena.

Barrio adentro e medicina privada.

A Organización Panamericana da Saúde (OPS) ten acceso permanente aos resultados dos diagnósticos, e informou á ONU da segunda fase de cribado masivo que Venezuela implantará nos vindeiros días, nos que o espallamento das probas moleculares vaise acelerar aínda mais que até agora. Lembremos que o modelo de sanidade pública implantado coa axuda de Cuba (“Barrio Adentro”) permite ir de casa en casa, para así detectar e frear a propagación do virus na súa raíz.

É curioso que médicos dos barrios elegantes de Caracas (fortalezas da oposición) se negaran a realizar as probas por medo a infectarse, e pediran que as fixeran os médicos cubanos, é dicir, os médicos aos que estigmatizan como “competencia desleal” da súa actividade privada. Pola súa banda, o presidente Nicolás Maduro eloxiou a capacidade dos barrios de clase traballadora, onde reside a maioría social, por teren amosado a disciplina, paciencia e unidade, que axudaron a reforzar o confinamento xeral e á realización masiva de controis médicos preventivos, e engadiu :”fixemos grandes avances, pero aínda non completamos a primeira fase das probas. Temos planificada a segunda fase polo miúdo”

 

Venezuela o país latinoamericano que realizou máis probas de Covid-19.

 

Eficacia das medidas contra a pandemia

Para informar das cifras de Covid-19  en todo o mundo, a OMS publica diariamente un informe en inglés co nome  “Coronavirus disease (COVID-19)  Situation Report”

Neses informes, pódese comprobar que, dende o comezo da pandemia até o 7 de maio, e malia o recruamento das sancións dos Estados Unidos, que impiden mercar o equipamento médico necesario, Venezuela limitou o número de mortes a 10 (unha taxa de 0,34 por millón de habitantes), e a 367 o número de persoas infectadas.

Aínda que o país conta con máis de 27.000 camas hospitalarias xerais e outras 4.500 en unidades de coidados intensivos, con capacidade dabondo para circunstancias normais, os controis médicos preventivos e personalizados, realizados de xeito masivo por equipos de profesionais sanitarios, durante as visitas a domicilio, casa por casa,  fan posible que as persoas infectadas sexan tratadas inmediatamente e de balde, e permitiron conter radicalmente o espallamento da pandemia. Mentres, o virus estoupa e a fame ameaza en moitos réximes neoliberais de Latinoamérica,

O programa de distribución de alimentos.

Outro informe das Nacións Unidas titulado “A seguridade alimentaria baixo a pandemia  do Covid-19, elaborado pola Organización das Nacións Unidas para a alimentación e a agricultura (FAO), tamén se congratula da política do goberno bolivariano. No capítulo “Perturbacións na distribución e comercialización de alimentos”, eloxiase o exemplo de Venezuela porque “A Superintendencia de Xestión agroalimentaria deseñou un Plano de acción, a fin de garantir a operatividade do Sistema Agroalimentario Integrado durante o período de confinamento.

Neste marco, puxéronse en práctica una serie de accións para manter a subministración dos 12 alimentos prioritarios que forman parte da cesta básica, garantindo o mantemento da existencia da cadea de distribución e comercialización”.

Reparto de alimentos

Venezuela. O único país de América Latina invitado pola OMS a presentar a súa estratexia contra a pandemia.

O pasado xoves, 7 de maio, a Organización Mundial da Saúde (OMS), celebrou unha reunión virtual para o intercambio de experiencias nacionais sobre o Covid-19. Neste evento, participaron ministros de saúde de todo o mundo. Nunha decisión tomada conxuntamente pola OMS e a Organización Panamericana da Saúde, Venezuela foi convidada -como único país de América Latina- a presentar o seu protocolo de acción sanitaria e a súa experiencia na xestión da pandemia.

O representante de Venezuela na conferencia, o ministro de Sanidade Carlos Alvarado, informou que Venezuela está tamén a recibir e atender de cheo a milleiros de venezolanos e venezolanas que volven masivamente pola difícil situación epidemiolóxica dos países veciños; todo isto,  malia as dificultades provocadas por un bloqueo económico que impide o acceso a material de prevención, diagnóstico e tratamento, ademais das accións de desestabilización sistemática promovidas polos Estados Unidos, que inclúen os recentes intentos de golpe de estado en pleno desenvolvemento. pandemia.

[con información propia e de “legrandsoir”]

 

Comparte:

Artigos recentes