Dous libros de Farruco Sesto: “Chávez, de quen dou fe” e “Ser de esquerda despois de Chávez”

Farruco Sesto é arquitecto, poeta, escritor, pintor e loitador revolucionario, venezolano de orixe galega, amigo de Hugo Chávez e ministro no seu Goberno -en diferentes responsabilidades- durante 10 anos. Actualmente leva o ámbito da solidariedade dende o Consulado da República Bolivariana de Venezuela na Galiza.

Froito da súa relación con Chávez e outros dirixentes revolucionarios, das súas reflexións e da súa experiencia na loita política, ven de escribir dous libros cheos de forza, claridade de ideas, sensibilidade e orixinalidade, moi diferentes aos que estamos afeitos, co fío condutor da figura do Comandante Chávez, e que á Agrupación Xosé Velo -pola amabilidade e xenerosidade de Farruco Sesto, que lle agradecemos- ten a honra de publicar e pór ao teu dispor.

No primeiro destes libros, “Chávez, de quen dou fe”, retrata (como di o autor) a un mestre da vida e da política, extraordinario ser humano,  revolucionario integral, dotado dunha gran autenticidade e dunha intelixencia prodixiosa.

No segundo  libro, “Ser de esquerda despois de Chávez”, Farruco Sesto, a partir da súa experiencia como militante da esquerda en Venezuela -incluíndo o proceso que levou á Revolución Bolivariana- reflexiona sobre o significado de ser de esquerda hoxe, alén das diferentes condicións económicas, sociais, políticas, culturais e xeográficas de cada país.

A Agrupación Xosé Velo alégrase de pór os dous libros á túa disposición,, na súa sección “LOXA”