Colombia-Israel, unha amizade ruín

O xornal colombiano “El Espectador”  publicou, hai pouco, un artigo que describe o papel político de Colombia en Latinoamérica: “O Caín de América Latina, foi o alcume que gañamos hai moito tempo, por sermos un país que se asocia a forzas estranxeiras para atacar aos nosos propios irmáns do continente”.

Razóns non lle faltan o autor deste artigo: Colombia non só mantén 7 bases militares estadounidenses no seu territorio, senón que tamén é o único país de Latinoamérica integrado na OTAN coma un “Cabalo de Troia” en América Latina.

Hai 38 anos, Colombia deulle as costas á Arxentina, na súa lexítima reclamación das Illas Malvinas, ocupazación do Tratado do Atlántico Norte (OTAN (xurdida da época da chamada “Guerra fría” contra do comunismo) das por Inglaterra. Tamén foi o único país latinoamericano en apoiar a guerra de Iraq. Dende aquela, o goberno colombiano facilitou o envío de mercenarios – baixo as ordes dos EEUU – a Afganistán, Iemen e Siria, entre outros países

                                                                                                          Os sicarios do patrón

O profesor de historia da Universidade de Richmond, Ernesto Semán, di que é unha práctica común dos Estados Unidos, tentar exercer o control sobre territorios que consideran enclaves estratéxicos para, dende eles, provocar inestabilidade nos países da contorna. Xa escribira, hai tempo, que non era de estrañar que Israel e Colombia foran os países que recibían o maior apoio financeiro e militar do goberno dos EEUU.

Dende a perspectiva estadounidense, engade Semán, estes dous países cumpren as condicións perfectas para ser enclaves privilexiados de USA, basicamente porque están situados en lugares que os Estados Unidos consideran hostís e estratéxicos.

Mais que café e galletas

En consecuencia, Israel tamén se converteu nun aliado moi importante de Colombia, especialmente para o apoio militar. Pero, dende hai un mes, ese apoio abrangue tamén a área da economía, cun Tratado de Libre Comercio, que xa foi denunciado pola Asociación Campesiña Colombiana como contrario aos seus intereses.

O goberno presentou publicamente as vantaxes dese Tratado referíndose – por exemplo – á venda de café e galletas colombianos a Israel; pero, como escribiu o analista militar español Luis Gonzalo Segura, do que o goberno non fala – ao referirse a ese acordo – é precisamente da sua parte mais substancial: o negocio de compra e venda de armas. por moitos centos de millóns de dólares.

Alén disto, compre non  desbotar que, entre os obxectivos de Israel en Suramérica (e, por conseguinte, co apoio indirecto de Colombia) manteña dalgún xeito – na súa axenda oculta – a opción do “Plan Andinia”, na Patagonia

Mortes baratas

Unha característica salientable do sometemento dos gobernos colombianos aos intereses de USA, é que Colombia achega soldados (coma exército regular ou coma mercenarios) para obxectivos que non teñen relación ningunha ca defensa do país, pero que resultan moito mais baratos para o orzamento dos EEUU.

Na guerra do Iemen, o goberno de Colombia  permitiu a contratación masiva de mercenarios no seu territorio. E, nese país árabe, publícanse  – cada pouco – informacións sobre a morte de mercenarios colombianos, cuxos cadáveres son queimados para que non se poidan identificar; una situación semellante aconteceu na guerra de Siria.

Dedúcese, por conseguinte, que unha parte da elite colombiana non só gaña cartos coas drogas, senón tamén co sangue da súa mocidade, en terras moi afastadas.

Neste ámbito, tamén entra de cheo unha situación que se desenvolve na escuridade mais absoluta: o adestramento por instrutores israelitas de grupos paramilitares colombianos, que despois participan en misións de combate en Oriente Medio, África e Asia

                                                                                                  Venezuela en Xerusalén

Na relación cada vez mas intensa entre Israel e Colombia, como enclaves ao servizo dos EEUU, Venezuela é un obxectivo prioritario, tanto para xerar inestabilidade, e conflitos dentro do país, como para tentar contribuír a afogar mais eficazmente ao seu pobo co bloqueo humanitario e económico.

Os intentos de invasión militar contra Venezuela do pasado mes de maio, foron financiados, planificados, e organizados dende territorio colombiano co visto e prace e a protección do seu goberno.

Colombia é tamén a principal base loxística do autoproclamado  “presidente interino”, Juan Guaidó. E, tendo en conta a estreita colaboración que manteñen os gobernos colombianio e israelita,, non foi por acaso que o mesmo Guaidó afirmara  – hai pouco – que non só vai restablecer as relacións diplomáticas de Venezuela con Israel, senón que vai instalar en Xerusalén a embaixada “virtual” venezolana, como acto simbólico de submisión a Israel e de ofensa aos palestinos.

Por se houbera dúbidas da influencia do sionismo entre os lideres antichavistas, tamén a rival máis directa de Guaidó pola “presidencia interina”, María Corina Machado prometeu este verán que: “chegará un día no que haberá unha relación estreita entre Venezuela e Israel. Con Venezuela baixo o meu mandato, a nosa embaixada vaise establecer en Xerusalén

                                                                                                               Luz ao fin do túnel

Non todo é escuridade. Como dixemos nun artigo recente, a realidade social e política de Colombia está a cambiar. E parece que ao “portaavións dos EEU en Latinoamérica” se lle comeza a sublevar a tripulación.

O acontecido nestes últimos días nas principais cidades colombianas, con protestas numerosas, espontáneas e combativas contra da brutalidade policial, nun pais non afeito a saír a rúa para esixir, semellan confirmalo.

AXV

 

Baseado no artigo:

https://mundo.sputniknews.com/opinion/202009131092747028-colombia-e-israel-una-alianza-para-la-desestabilizacion-de-suramerica/

Comparte:

Artigos recentes