Venezuela acusa á CIA e ó “Grupo de Lima” de comprar o informe da ONU

A presidenta da Misión Internacional das Nacións Unidas (ONU), Marta Valiñas, publicou a semana pasada un informe sobre a situación dos dereitos humanos en Venezuela, documento no que acusaba ao goberno venezolano, de incorrer en violacións de dereitos humanos dende 2014.

“A CIA e o goberno dos Estados Unidos canalizaron millóns de dólares para crear internacionalmente hostilidade contra Venezuela, usando a ONGs que converteron os dereitos humanos nun negocio rendible” , dixo este mércores o embaixador venezolano na ONU, Jorge Valero.

Deste xeito, o diplomático venezolano rexeitou o mencionado informe, ao tempo que esixiu ao Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (HRC) que cese o uso de mentiras e dunha suposta misión verificadora para atacar Venezuela, pois estas medidas, que siguen o xogo á interferencia norteamericana.

O diplomático, considerou o citado informe un “Gedeón legal dolo Grupo de Lima”, comparándoo así coa Operación Gedeón, un intento sen éxito lanzado en maio, de incursión militar no estado venezolano da Guaira, procedente de Colombia, cuxo obxectivo era eliminar a Nicolás Maduro.

Ademais, o representante venezolano vinculou a presentación do documento coa visita realizada polo Secretario de Estado USA, Mike Pompeo, a varios países limítrofes con Venezuela, subliñando que o goberno dos Estados Unidos buscou, coa citada viaxe “organizar accións para derrocar ao goberno venezolano, mesmo cunha invasión militar estadounidense, apoiada polos gobernos de Colombia e Brasil “.

Pompeo ven de realizar unha xira por Brasil, Colombia, e outros países, segundo o Departamento de Estado USA, co obxectivo de “conter a ameaza” do goberno de Maduro. Dita viaxe foi rexeitada tanto polas autoridades venezolanas como polas brasileiras, incluíndo o Senado do Brasil e varios ex-presidentes de Goberno.

Ao respecto, o ministro venezolano de Asuntos Exteriores, Jorge Arreaza, salientou que Estados Unidos tenta “enemistar” ás nacións veciñas contra de Venezuela para apropiarse dos recursos da rexión.

De “HispanTV”