Entrevista a Gilmar Mauro – Coordinador Nacional do MST brasileiro

No Brasil, segundo país do mundo con maior desigualdade social, a historia das súas xentes é a da loita contra dos grandes latifundios e a devastación que os acompaña: expulsión das terras, deforestación, miseria, violencia.

En resposta a estes abusos, xurdiu o Movimento dos Trabalhadores Rurais sem Terra (MST), que loita por mudar radicalmente as condicións de vida da poboación despoxada de dereitos, no rural e nas favelas. Tamén loita contra a discriminación de xénero ou racial, e contra a degradación da natureza.

Faino con mobilizacións e cunha organización participativa e democrática. Coma di Gilmar Mauro, da coordinación nacional “se queremos unha sociedade diferente, solidaria e igualitaria para mulleres e homes, iso débese construír a partir de agora”. A nosa “Agrupación Xosé Velo” ven de entrevistalo. E o Gilmar cóntanolo de xeito sinxelo e atractivo.

 

Comparte:

Artigos recentes