¿Por qué a toma do Santa Maria se considerou no mundo unha acción política?

Ceder o protagonismo a un militar portugués de carreira foi unha intelixente estratexia para obter o recoñecemento internacional

Nestes días estivemos de aniversario. O 21 de xaneiro cumpríronse 60 anos desde que un barco de pasaxeiros, o “Santa María”, que viña desde o porto da Guaira (Venezuela) a Vigo, se convertía no “Santa Liberdade” despois da intervención de Xosé Velo, José Fernández Vázquez “Comandante Soutomaior” e o militar portugués Henrique Galvão, para denunciar as ditaduras Ibericas.

Con este motivo, véñense de publicar varios traballos, dos que compre sinalar: un artigo do Nós diario, que conta como se desenvolveu a toma do “Santa María”, un documental de Aser Álvarez sobre a figura de Xose Velo, e unha lembranza feita por Xan Carballa na ANT, que destacamos e á que adicamos esta nova, porque saca a luz dous puntos sobre os que non se ten falado moito:

  • En primeiro lugar, ¿por qué razón durante os feitos do “Santa María” se cedeu todo o protagonismo ao militar portugués Galvão, cando claramente o cerebro da operación era o galego Xosé Velo? A chave explicouna con moita lucidez Federico Fernández, un dos paticipantes na toma do barco: Galvão ademais de buscar o derrocamento de Salazar, era militar portugués con carreira, estaba no exilio e nese intre viña de denunciar un sistema encuberto de escravitude en Angola imposto polo goberno dePortugal. Situar a un militar de carreira no cerne da operación, cambiaba o estatus xurídico dos feitos. Xa non había pirataría. Era só política.
  • En segundo termo, ¿que pasou co Galvão? ¿por que se distanciou dos seus compañeiros?

Na lembranza recollida por Xan Carballa, que nace dunhas conversas e unha co sobranceiro fotografo Federico Fernández (venezolano, fillo do Comandante Soutomaior), explicase isto con moita lucidez. Federico, con 21 anos, estaba entre as dúas ducias de activistas que acompañaban aos tres dirixentes na toma do barco.

No ano 1992 Federico Fernández, a quen dedicaremos unha entrada nesta Web, participou na Fotobienal de Vigo, dedicada aquel ano a América Latina, cunha moi interesante e retranqueira obra sobre as elites venezolanas. Antes xa fotografara o Chile de 1972 e a revolución sandinista no 1979 . Foi premio Nacional de Fotografia en Venezuela en 1995 e faleceu en 2014.

No seguinte enlace pódese acceder á reportaxe completa:

                                                  A epopea do “Santa María” cumpre 60 anos