A abraiante impunidade para asasinar

Na selva do Paraguai, Lichita, unha mociña de 14 anos, fuxe asustada pola presenza ameazante do exército. Os soldados comezan a disparar arreo. Unha bala fúralle a perna esquerda; case que non se pode mover, ponse moi pálida e comeza a perder sangue a eito. Outra bala rabúñalle a cabeza. Outras mulleres, que tamén fuxen, ven como os soldados lévana detida. Dende entón, o pasado 2 de setembro, non se soubo máis nada dela.

Dúas curmáns súas, de 11 e 12 anos, que a acompañaban, foron detidas, torturadas e asasinadas, logo de vestilas con uniformes militares, para que semellara que eran guerrilleiras.

Ese mesmo día, pouco despois dos asasinatos, o presidente do país, “Marito” Abdo, anunciaba que o exército dera un golpe á guerrilla e felicitaba aos militares. Na súa conta de Twitter escribiu: “Tivemos unha operación exitosa contra a guerrilla. Despois dun enfrontamento, dous membros deste grupo armado foron abatidos”. Os “abatidos” foran as dúas nenas.

EEUU e Israel

Esta caste de operacións “de éxito” non son exclusivas do exército paraguaio. En Colombia, está probado o asasinato de máis de 6.400 mozos inocentes, polo exército, logo de disfrazalos de guerrilleiros, para obter recompensas. É o que chaman “falsos positivos”.

Os gobernos de Colombia e mailo Paraguai, ámbolos dous de extrema dereita, comparten moitos trazos comúns. Un deles é que os seus exércitos son adestrados por EEUU e tamén por Israel, con especial atención ás “unidades de elite” que chaman Forza de Tarefa (“Task Force”).

Como di o especialista en dereito internacional Hugo Ruiz Díaz: “política, institucional e ideoloxicamente, a Forza de Tarefa Conxunta en Paraguai está dirixida, controlada e subordinada a axentes estadounidenses e israelís e apoiada por militares colombianos. É unha forza cuestionada polos seus actos de corrupción xeneralizada, pola súa asociación con narcotraficantes e por aterrecer á poboación campesiña”.

Corrupción, asasinatos e narcotráfico

No Paraguai, o 2,5% da poboación posúe o 85% das terras, o que o converte nun dos países con máis latifundios de América Latina e do mundo. O xornal “The New York Times” descríbeo coma “un país gobernado de facto por un só partido, atormentado por escándalos de corrupción, cunha oposición case inexistente e unha cidadanía abandonada”.

En Colombia e Paraguai, as “Forzas de Tarefa Conxunta”, adestradas polos EEUU e Israel, teñen impunidade para facer o que lles pete, asasinatos incluídos. Abóndalles con finxir que a súas vítimas son “inimigos”.

Ao comezo dos anos 50 do pasado século, o xeneral Alfredo Stroessner impuxo unha ditadura, que durou 35 anos. Foi a máis longa da historia de Latinoamérica. Durante o seu mandato, 20.000 persoas foron torturadas e case 500 foron “desaparecidas”, logo de seren acusadas de comunistas.

Stroessner foi substituído polo seu consogro, tamén militar. Dende entón, sempre gobernou o mesmo grupo mafioso. Só houbo unha excepción, fugaz coma un lóstrego: nas eleccións de 2008, unha coalición de esquerdas acadou a vitoria do seu candidato, Fernando Lugo; pero foi destituído axiña por un golpe de Estado, que garantiu a continuidade da elite no poder, con métodos e obxectivos semellantes aos da ditadura. Tanto é así que o actual presidente de Paraguai é fillo do ex-secretario privado do vello ditador.

Do mesmo xeito que o actual presidente de Colombia, Iván Duque, obedece as instrucións do expresidente Álvaro Uribe – acusado públicamente de asasinatos múltiples, corrupción, extorsión e tráfico de drogas – o presidente de Paraguai é a voz do expresidente Horacio Cartés, quen é considerado o meirande “lavador” de cartos do narcotráfico, non só en Paraguai, senón na América Latina toda.

O silenzo da “comunidade internacional”

A impunidade coa que actúa o goberno paraguaio tamén é practicada polo de Colombia: dende o 28 do pasado mes de abril, cando comezaron as actuais mobilizacións populares contra o seu presidente, foron asasinados mais de 80 manifestantes. Isto todo acontece coa indiferenza da chamada “comunidade internacional”. De feito, nin Paraguai nin Colombia figuran entre as “preocupacións polos dereitos humanos”, que adoitan proclamar os gobernos dos Estados Unidos e os dos seus seguidores, coma o goberno español. A eles, en Latinoamérica, só lles “preocupa” o que aconteza en países que se negan a ser submisos, coma Cuba, Nicaragua o Venezuela.

Carta a Lichita

Malia todo, cada vez hai mais motivos para a esperanza. Por iso, a escritora colombiana Estefanía Ciro, galardoada pola UNESCO polos seus traballos de investigación social, ven de publicar – en “La Jornada”, de México – unha “carta” dirixida a Lichita (a moza paraguaia “desaparecida”, coa que comezamos este relato), na que lle conta o que está a acontecer en Colombia:

A primeira pola esquerda é Lichita Oviedo Villalba, de 14 anos, detida e desaparecida. As outras dúas son Lilian e Mari Carmen Villalba, de 11 e 12 anos, torturadas, asasinadas e disfrazadas para facelas pasar por “guerrilleiras”

Asimetrías brutales, Lichita

Te cuento Lichita: el primero de abril de 2021, un Boeing C-17A Globemaster III despega desde Asunción, en Paraguay, y ya ha estado en Colombia, Ecuador, Bolivia y Argentina. Es un avión que permite despliegues tácticos, transporte de enormes cargas de suministros militares y movimientos de tropas. Esas presencias atraviesan todo el continente llevando y trayendo guerra, incendiando países, monitoreando movimientos “incómodos” y apoyando las Fuerzas de Tareas Conjuntas (FTC).

Estas fuerzas nacen de la terca y larga tradición de Estados Unidos en acciones de guerra, que combinan diferentes fuerzas –armadas, policiales, antidrogas, aéreas, marinas– y que es apropiada con ímpetu en las décadas recientes en nuestro continente, desde Colombia hasta Paraguay.

La Fuerza de Tarea Conjunta del Paraguay se creó en 2013 y fue la que te atacó. Convirtieron en una operación de guerra, en las selvas del Paraguay, la cacería a seis niñas y su tía que esperaban que abrieran la frontera, cerrada por la pandemia, para regresar a Argentina. Asesinaron a dos niñas de 11 años y de ti, Lichita, no sabemos aún nada. Tu melliza, Ana, huyó con dos chicas más y Laura está en una cárcel. Todo un aparato de guerra para aplastar a seis mujeres, niñas la mayoría, en las selvas del Paraguay.

Lichita, en Colombia, otra Fuerza de Tarea Conjunta también asesinaba niños y niñas. Por lo menos hay constancia del asesinato en dos bombardeos, en los que asesinaron más de 20 niños; uno de ellos en Caquetá el 29 de agosto de 2020 y el otro el 2 de marzo de este año. Fue debido a las denuncias de las familias y de los pobladores de las regiones que se pudo constatar cómo uno de los ejércitos con mayor presupuesto y apoyo de Estados Unidos en la región, tuvo como objetivo militar a jóvenes y niños; Rosa Marina, la menor, tenía nueve años. Las fotos de los pobladores dejaban ver pequeños restos de pies alrededor de un cráter. Todo un aparato de guerra para aplastar niños y niñas en las selvas de Colombia. “Máquinas de guerra” los denominó el Ministro de Defensa Diego Molano.

Terrorismo de Estado

Donde estés Lichita, te quiero contar que eso sigue pasando en Colombia. El viernes pasado le dispararon a una comunicadora nasa y a su hija de cinco años, que están en este momento con pronóstico reservado. En los puntos de resistencia de los manifestantes, todas las noches llega el Escuadrón Móvil Antidisturbios (Esmad) a disparar, hostigar, lanzar la metralleta de aturdidoras y lacrimógenos con los que destruyen ojos y cabezas. La policía, convertida en un ente militar, detona un teatro de guerra para atacar a los y las jóvenes; sus padres y madres exigen un nuevo pacto histórico por la vida y contra la impunidad.

La Misión Internacional de Solidaridad y Observación de los Derechos Humanos de Argentina, concluyó que lo que ocurre en Colombia es una masacre; en un solo día se contabilizaron entre ocho y 10 jóvenes asesinados por el Esmad. La Misión declaró que hay un ejercicio claro de “terrorismo de Estado”, con apoyo paramilitar, que ha detonado en una dolorosa y extensa lista de denuncias de desapariciones, por ejemplo. Es el aparato de guerra – que aún tiene el apoyo de Biden – para aplastar la posibilidad de un futuro.

Diariamente, la fuerza pública y hombres de civil han disparado y han asesinado, extendiendo no sólo la lista de asesinados, desaparecidos y maltratados, sino quebrando una sociedad muy difícil de sanar en una Colombia que ya le costaba reconciliarse con sus pasados. El presente tampoco lo permite y nos retumban las palabras de Brecht:  “Cuando los de arriba hablan de paz, el pueblo llano sabe que habrá guerra”.

Arrecende a xazmíns

Es una asimetría brutal, Lichita. Es un aparato represor continental que quiere imponer una guerra civil, pero no hay tal. No hay igualdad de condiciones entre los actores, ni interés tampoco en igualarse. La juventud reclama su futuro. La asimetría de las armas y el orden de guerra también es brutal, por la distancia que existe en la dignidad del pueblo, que no se compara con la inexistente legitimidad de los Estados, los imperios, las autoridades y las élites de América Latina.

Lichita, tus primeros pasos fueron en una cárcel. Los jóvenes cabalgan el miedo en Colombia. La Minga indígena late la dignidad histórica del pueblo colombiano. Hace 60 años se canta en Perú, y la tarareas tú, Lichita: “la sangre del pueblo tiene rico perfume, huele a jazmines, violetas, geranios y margarita; a pólvora y dinamita…amarillito amarillando crece la flor de retama”.

Estefanía Ciro

https://www.jornada.com.mx/notas/2021/06/06/mundo/asimetrias-brutales-lichita-estefania-ciro/