Como enfronta latinoamérica a Covid-19

Hai unha correlación importante entre a ideoloxía dominante nos Gobernos latinoamericanos e a súa maneira de afrontar a pandemia, con excepcións notabeis coma El Salvador ou México. En xeral, canto máis neoliberal e de dereitas no espectro político é o goberno, mais resistencia presentan a tomar medidas que prioricen evitar mortes, aínda que afecten á actividade económica. Analizamos como afrontan algúns países a crise coma exemplos:

 

Venezuela

Foi un dos países que con máis rápidez estableceu medidas de confinamento. Cando apareceron os primeiros cinco casos de infectados, o Goberno decretou o confinamento e o illamento social. Ao tempo declarou a obrigatoriedade do porte de máscaras para tomar o transporte público (antes de pechalo para o non esencial) e paráronse as actividades educativas e mailas económicas. Decretouse o peche das fronteiras e suspendéronse os voos, primeiro internacionais con países afectados e, días despois, todos mesmo os internos. Para completar, comezouse unha comprobación de todos os casos sospeitosos coa axuda dos kits de diagnostico chegados coma axuda dende China.

Ao mesmo tempo, establecéronse medidas sociais para tratar de que o efecto nas traballadoras e os traballadores fose o mínimo posíbel. O Goberno decretou a inmobilidade laboral (prohibición de despidos ou de redución de xornada ou soldo), suspendeuse o pago de alugueiros e servizos básicos (coma auga, electricidade, teléfono e internet), repartíronse bonos (axudas económicas) ás familias venezolanas, e estableceuse un sistema para que a caixa CLAP (produtos da cesta básica con prezos por debaixo do mercado, que reciben as familias) fose distribuído porta a porta.

 

Arxentina

Tardou un chisco mais en decretar o confinamento e non o fixo até que houbo o primeiro morto. Unha semana despois declarouse o confinamento voluntario e trece días mais tarde fíxose obrigatorio. Todo isto levou a unha redución da actividade económica e a unha suspensión das actividades académicas.

Pecháronse as fronteiras e establecéronse unha chea de disposicións sociais para paliar os efectos económicos das medidas sanitarias. Por exemplo, prohibíronse os despidos por 60 días, suspendéronse os alugueiros, desafiuzamentos e peaxes. Tamén se estableceu un sistema de cretos e suspensión de algúnss impostos ás pequenas e medianas empresas.

Por outra parte estableceuse un límite ao prezo dos produtos de primeira necesidade.

Actualización;

En enquisas recentes o presidente Alberto Fernandez aumentou a súa aprobación tras aumentar o periodo de corentena ate despois da Pascua situandose a aprobación da xestión da crise entre o pobo arxentino, nun 94.5% como mostra o seguinte artigo;

 

https://www.pagina12.com.ar/257853-alberto-fernandez-el-dirigente-politico-con-mejor-imagen-del

 

Cuba

Nun primeiro intre, decretouse a suspensión de aulas, a prohibición de viaxar ao estranxeiro e anuláronse todas as concentracións e espectáculos públicos. Mesmo foi suspendido un acontecemento tan emblemático na illa coma a marcha do primeiro de maio. Os turistas foron confinados nos hoteis e fixéronse probas xeneralizadas de todos os casos sospeitosos con kits de detección rápida e decretouse o illamento social das persoas vulnerables.

Nos últimos días prohibíronse todos os voos de entrada ou saída na illa.

Ao mesmo tempo, Cuba ten enviado brigadas médicas a distintos países do mundo coma Italia, Andorra, Nicaragua, Venezuela, varios países do Caribe e colonias francesas, para axudar na contención da epidemia.

Tamén se produce na maior das Antillas o “Interferón” un medicamento que está a ser utilizado para tratar o virus e xa foi solicitado por perto de 50 países.

 

Bolivia

Despois de varias semanas das primeiras infeccións, decretouse o confinamento social, aínda que -coma non estivo acompañado de medidas sociais e unha grande parte dos bolivianos traballan na economía informal, non foi respectado nun primeiro momento. Para evitar isto o Goberno estableceu multas de 150$  e oito días de cadea para calquera que violase as normas. Só se permite saír a facer mercado un día por semana e prohibiuse a circulación a todo vehículo non militar ou sanitario. O Goberno pagará os gastos de auga e electricidade para certas empresas. Tamén decretouse unha axuda alimentaria, sen especificar, para un millón e medio de familias.

Ao primeiro, pecháronse as fronteiras agás para os residentes no país; xa nas últimas semanas o peche foi total. Tamén como medida de protección, a presidenta interina surxida do golpe de Estado contra Evo Morales, recomendou -en retransmisión nacional de radio e televisión- realizar unha cadea de oración e un xaxún para combater o virus. Así mesmo, aproveitou a oportunidade para suspender as eleccións presidenciais, previstas para o mes de maio.

 

Ecuador

Ao estar rebordado o seu sistema sanitario, é un dos paises mais gravemente afectados do continente, con  imáxenes que deron a volta ao mundo coma a dos cadaveres que quedan sen recoller durante varios días nas casas ou rúas da cidade de Guayaquil. Como consecuencia da crise, a Ministra de Sanidade renunciou ao seu cárrego.

Foi un dos países nos que o contaxio foi máis precoz e máis esparexido en termos comparativos.

Todo isto nun intre no que o país viña de expulsar ao continxente de médicos cubanos que traballaban cos sectores máis vulnerábeis da sociedade.

Cando a situación comezou a ser complicada decretouse a suspensión de clases, prohibíronse as concentracións de mais de 250 persoas,anunciouse o estado de excepción e toque de queda de 21:00 p.m. a 5:00 p.m., e restrinxíronse dereitos. Nunha primeira fase, as persoas que chegaban do estranxeiro por avión debían quedar 14 días nas súas casas, pero, conforme a crise foise agravando, suspendéronse todos os voos.

 

Actualización;

No Ecuador a Federación Nacional de Avogados ven de denunciar ao presidente Lenín Moreno por un presunto delito de exterminio tras priorizar o pago da débeda externa ao gasto en saúde en plena crise do COVID-19 como explica este artigo;

 

http://bohemia.cu/mundo/2020/04/denuncian-en-ecuador-priorizacion-pago-de-deuda-externa-por-encima-de-la-salud/

 

 

El Salvador

Foi un dos primeiros países en pechar as fronteiras, mesmo antes de ter casos declarados. Cando apareceron os primeiros, estableceuse unha corentena nacional, consistente en suspender clases, prohibir eventos e a entrada de estranxeiros.

O estado de alarma foi aproveitado para aumentar a militarización do país (xa comezada antes da pandemia) e prohibir reunións.

Estableceuse o confinamento para as persoas maiores de 60 anos e as mulleres embarazadas

Nas semanas a seguir prohibíronse todos os voos, mesmo facendo dar a volta ós avións xa en ruta; mais tarde, decretouse a corentena xeral.

Se ben as primeiras e rápidas medidas do presidente populista Nayib Bukele foron moi celebradas nas redes sociais, as  seguintes (anunciadas por tuiter como  el adoita facer) foron moi criticadas pola súa improvisación. Por exemplo, estableceuse un bono de axuda de 300 $, para 200.000 persoas que están a  traballar no comercio informal, pero a plataforma de internet na que se ofrecían deixou de funcionar aos 5 minutos, polo que a xente que debía estar confinada saíu das súas casas e amoreouse nas oficinas das institucións encargadas de repartir o bono.  Outro exemplo de improvisación foi que, nos centros de “contención” xuntáronse persoas con infección confirmada con persoas sospeitosas aínda sen confirmar, o que contribui a espallar aínda mais o COVID-19.

 

Chile

É o segundo país con mais casos de toda América Latina e o de meirande número de infectados per cápita,. Nesas circunstancias, e tendo entrado na fase mais avanzada da epidemia, a 4 (transmisión sostida), o Goberno resístese a decretar corentena xeral ou limitar os voos (hai que lembrar que o presidente Piñera tamén é accionista da principal aeroliña do país) co argumento de non afectar ás actividades industriais e comerciais, a pesares dos pedidos de diversas organizacións sociais.

As únicas medidas de certa relevancia até agora teñen consistido en pedir a non entrada aos comercios non esenciais das persoas infectadas ou que teñan estado en contacto con elas. Así mesmo, prohibíronse as reunións multitudinarias, as visitas aos centros de adultos maiores e suspendéronse as actividades académicas.

Neste contexto de crise, e cunha sanidade principalmente privada, un dos argumentos para non parar a actividade económica a fin de de salvar vidas foi o do ministro de sanidade, quen preguntouse publicamente: “que pasa se o virus muta e vóltase boa persoa?”

Coma no caso de Bolivia coas eleccións, co  motivo do coronavirus, o goberno adiou o referendum para unha nova constitución no país.

Colombia

Trátase doutro dos países cun goberno que mais rexeite ten amosado a medidas drástica para controlar a epidemia; segundo a oposición do seu país, a causa desta actitude son as presións das Cámara de Comercio. Nun primeiro momento, so estableceuse confinamento ás persoas de mais de 70 anos; despois decretouse o peche de centros de estudos e das fronteiras; aínda unhas semanas despois, estableceuse suspensión de voos internacionais.

Malia compartir unha fronteira de miles de quilómetros, moi porosa, con Venezuela, durante as primeiras semanas da epidemia, o presidente colombiano Iván Duque rexeitou ter contactos co seu par venezolano, Nicolás Maduro, alegando que o goberno de Colombia tiña recoñecido coma presidente de Venezuela ao diputado Juan Guaidó. Finalmente e trala presión da Organización Mundial da Saúde e de persoeiros políticos e mediáticos internos, que lle recriminaban querer negociar con alguén sen poder real ningún, remataron coordinando accións con Venezuela, cando xa moitas persoas infectadas tiñan pasado dende a cidade colombiana de Cúcuta a territorio venezolano.

Da mesma maneira que aconteceu coa fronteira, sucedeu coa corentena, pois só tras presións da oposición e de alcaldes de cidades tan importantes coma a capital que fixeron “simulacros de corentena”, e ante o aumento exponencial dos casos, decretouse unha corentena con confinamento xeral.

Brasil

Este é o país con máis casos rexistrados en América Latina. A pesares diso o comportamento do Goberno do Brasil é un dos mais chamativos, porque o seu presidente ultradereitista, Jair Bolsonaro, apoiado por unhas igrexas evanxélicas que din que o Covid-19 é un invento, tense negado a tomar calquera tipo de medidas. Todo isto levouno a facer declaracións tan soprprendentes coma dicir que o virus é “muito mais fantasia” que outra cosa, que tratase dunha “gripezinha“, que o brasileiro non se infecta porque “mergulha no esgoto  (sumidoiro) e não acontece nada” ou sinxelamente: “alguns vão morrer; lamento, é a vida“.

Como as opinións da maior parte dos alcaldes e gobernadores (incluidos aqueles que apoiaran electoralmente a Bolsonaro) e mesmo da cúpula militar, que inclue ao seu vicepresidente ( tivo que trocar a todos os mandos militres para evitar conflitos serios), son diferentes ás de Bolsonaro, ao remate a meirande parte do país está en corentena, mais ou menos estrita, en función dos gobernadores e alcaldes que a decretaran.

Ao mesmo tempo, o presidente Bolsonaro, aproveitou a crise para pechar a fronteira con Venezuela (país con 90 veces menos casos en confinamento) afirmando que ese país era un perigo para a saúde dos brasileiros.

México

É un caso  curioso coma o anterior, aínda que por razóns distintas. É o único país cun goberno progresista que tense mostrado remiso a aprobar medidas drásticas, limitándose a pedir á súa poboación que manteñan unha “sana distancia“, e con declaracións do seu presidente,  A. M.  López Obrador, coma a que fixo ao comezo dun mitin:  “abracense, está moi ben abrazarse“, ou na que dixo que a mellor protección contra a epidemia  era “a honestidade“.

Non foi até ter superado os milleiro de contaxios e os mil mortos, que o Goberno decretou unha suspensión das actividades non esenciais, iso si, sen confinamento obrigatorio, só mantendo a “sana distancia“.

 

 

 

Comparte:

Artigos recentes