gran2bpolo2bpatri25c325b3tico

Gran Polo Patriótico

Coalición de partidos políticos que apoian ao goberno bolivariano, creado por Hugo Chavez.

Está formada entre outros por:

PSUV (Partido Socialista Unido de Venezuela):

Creado por Chávez no 2007, para substituír ao movemento electoral que o levara á presidencia de Venezuela (Movimiento V República), do que forman parte a maior parte dos membros do goberno venezolano, ten coma ideoloxía o bolivarianismo e o socialismo do século XXI. O seu presidente é Nicolás Maduro e o seu vicepresidente é Diosdado Cabello. A meirande parte do Goberno Bolivariano está formada por militantes desta organización.

 

PPT (Patria Para Todos): é o segundo partido con mais historia do Gran Polo Patriótico e por el pasaron algunhas das figuras destacadas da esquerda venezolana, entre elas varios ministros de Chávez coma Alí Rodríguez Araque e Aristóbulo Istúriz, incluíndo a algúns de orixe galega coma Farruco Sesto e María Cristina Iglesias. Hoxe en día o seu peso electoral é moi pequeno comparado co PSUV, e menor ao do PCV.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Juan Guaidó

Diputado da Asamblea Nacional venezolana elexido polo estado Vargas con 97.492 votos nun pais cunha poboación de algo mais de vinte

Farruco Sesto

Francisco de Asís Sesto Novas (Vigo, Galicia, 11 de outubro de 1943), coñecido como Farruco, é un arquitecto, escritor, político, ex

Manuel Giraldez

Nado en Vigo en 1932 tivo que emigrar a Venezuela aos 25 anos de idade por razóns económicas en pleno Franquismo.

Amos del Valle

Nome que ten orixe nunha novela venezolana e que fai referencia a unha especie de “nobreza” venezolana conformada polos descendentes dos