Leopoldo López

Leopoldo Eduardo López Mendoza, naceu en 1971 en Caracas. É un  político ultradereitista venezolano, membro da familia Mendoza, unha das mais ricas de Venezuela dende os tempos da colonia. Forma parte da secta anticomunista “Familia, tradición y propiedad”, que se consideran a si mesmos coma modernos cruzados.

Estudou nos Estados Unidos, en diversas instituciones, incluíndo a “John F. Kennedy School of Government”, estreitamente vencellada á CIA.

De regreso a Venezuela, no ano 2000 foi elexido alcalde de Chacao, municipio da área metropolitana de Caracas, con 71.000 habitantes e un dos mais altos niveis de renta do país.

Dous anos despois, participou moi activamente no golpe de estado e secuestro de Chávez. En 2009 fundou o partido de extrema dereita “Vontade Popular”.

No 2014, como líder dese partido, promoveu e dirixiu varias mobilizacións violentas (“guarimbas”) contra o Goberno, que provocaron 43 mortos e mais de 800 feridos. Por ese motivo, foi xulgado e condenado á 13 anos de cadea, dos que só cumpriu dos, pasando a arresto domiciliario.

Nesa situación, en maio do 2019 dirixiu un novo intento de golpe de Estado, Dende aquela, permaneceu  agochado na embaixada española de Caracas, pola súa situación xudicial de prófugo. En xuño do 2020, un artigo do diario “Wall Street Journal”, indicaba que – malia estar refuxiado na embaixada – seguía a dirixir o seu partido e promover accións violentas contra do Goberno de Venezuela, coma a tentativa de asasinato do presidente Nicolás Maduro, acontecida o mes anterior, a partir de un intento de desembarco de mercenarios,.

En octubre de 2020, fuxiu de Venezuela, coa colaboración do embaixador español, e chegou a Madrid, sendo recibido por Pedro Sánchez. Anunciou que vai seguir a loita contra o Goberno do seu país e que é partidario dunha invasión militar estranxeira, para derrocalo

 

« Back to Glossary Index