Manuel Giraldez

Nado en Vigo en 1932 tivo que emigrar a Venezuela aos 25 anos de idade por razóns económicas en pleno Franquismo. Foi en Venezuela onde adquiriu conciencia galeguista e esquerdista, influenciado polas exiliadas e exiliados políticos do franquismo, así como polas situacións que viu sufrir tanto aos emigrantes galegos recén chegados a Venezuela coma ao pobo Venezolano no seu  conxunto, cunha minoría vivindo moi ben a costa dunha maioría na pobreza. Foi un dos fundadores do centro galego de Puerto La Cruz e da Irmandade Galega de Guayana. En tres oportunidades foi secretario de cultura da Irmandade Galega de Caracas onde fomentou valores galeguistas. Dirixiu o programa radial “Sempre en Galiza” en Venezuela e foi un defensor do proceso de cambio liderado por Chavez.

« Back to Glossary Index