Xosé Velo Mosquera

Xosé Velo Mosquera (1916-1972), naceu en Celanova. Foi un prolífico pensador, poeta e literato, galeguista, republicano, internacionalista e loitador incansable pola liberación social e nacional.

Aos 16 anos, comezou a colaborar activamente cas Mocedades Galeguistas, das que foi nomeado Secretario Xeral no ano 1935

Ao producirse o sublevación fascista, foi detido. Tempo despois foi obrigado a incorporarse ao bando franquista, do que desertou, pero foi detido de novo . Ao sair da cadea foi a Vigo, onde abriu unha academia e colaborou coa guerrilla, organizada polo Partido Comunista,. Detido outra vez, ao sair en liberdade condicional retomou a súa colaboración coa guerrilla ata que, no ano 1946, fuxiu a Portugal, onde foi detido pola policía politica da ditadura salazarista.

Grazas a intervención do presidente de Venezuela – o escritor Rómulo Gallegos – foi posto en liberade e embarcou cara o país caribeño. En Caracas, vencellouse á comunidade galega, participou na fundación do “Lar Galego”, do que foi presidente, e implicouse a fondo en actividades a prol da resistencia antifranquista, visitando varios países latinoamericanos. No ano 1960 creou do DRIL, Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación. A acción máis coñecida desa organización foi o captura, un ano despois, do buque “Santa María”, que adoitaba transportar a emigrantes galegos ás Américas nos anos seseta e primeiros setenta.

O toma do buque, da que Velo foi o autor intelectual e codirector da operación, xunto con Xosé Fernandez “Comandante Soutomaior” e o capitán portugués Henrique Galvao, tiña como finalidade denunciar ás dictaduras ibéricas de Franco e Salazar. Ao no poder completar o plano previsto, o buque  dirixiusde ao Brasil, onde os activistas do foron acollidos no porto de Recife, por orde de Janio Quadros, recén nomeado presidente brasileiro .

Xosé Velo, instalouse en Sao Paulo, onde abriu a libraría e editorial “Nós”. Finou o 30 de xaneiro de 1972, aos 55 anos

« Back to Glossary Index