Chávez - Aló Presidente

Aló Presidente

“Aló presidente” foi un programa de televisión emitido os Domingos polo “Sistema Nacional de Medios Públicos de Venezuela” dende 1999 ata 2012. Foi un programa directo e sencillo onde o protagonista era o pobo venezolano. O propio Hugo Chávez o describe cómo: “Un canal onde o pobo participa e forma parte dun modo de facer comunicación social en Venezuela”.

“Aló presidente” rompeu as formas tradicionais de facer televisión, xa que estaba grabado fóra de estudio e daba a oportunidade ó pobo de dialogar directamente co presidente, sendo o propio Hugo Chávez o conductor e moderador do programa. “Aló presidente” xiraba en torno a dous grandes eixos: as respostas ós televidentes e a participación de membros do goberno. Por unha parte, os televidentes dialogaban co presidente sobre problemas particulares ou comunitarios, daban opinión, solicitaban axudas sociais, proporcionaban propostas, etc. Por outra banda, o goberno falaba da súa xestión, das alianzas con outros países, explicaban os plans emprendidos, falaban sobre obras comezadas en diferentes sectores (agrícola, enerxético, industrial, educativo, habitacional…). No programa, participaban: ministros, autoridades locales e rexionales, militares, intelectuais, líderes sociais, traballadores, estudantes, mandatarios e invitados internacionais.

O fin do programa tivo lugar en 2012, debido ó delicado estado de saúde de Hugo Chávez.

Mellores momentos

 

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Juan Guaidó

Diputado da Asamblea Nacional venezolana elexido polo estado Vargas con 97.492 votos nun pais cunha poboación de algo mais de vinte

Farruco Sesto

Francisco de Asís Sesto Novas (Vigo, Galicia, 11 de outubro de 1943), coñecido como Farruco, é un arquitecto, escritor, político, ex

Gran Polo Patriótico

Coalición de partidos políticos que apoian ao goberno bolivariano, creado por Hugo Chavez. Está formada entre outros por: PSUV (Partido Socialista

Amos del Valle

Nome que ten orixe nunha novela venezolana e que fai referencia a unha especie de “nobreza” venezolana conformada polos descendentes dos