entrega AXV-06

Manuel Giraldez

Nado en Vigo en 1932 tivo que emigrar a Venezuela aos 25 anos de idade por razóns económicas en pleno Franquismo.

Foi en Venezuela onde adquiriu conciencia galeguista e esquerdista, influenciado polas exiliadas e exiliados políticos do franquismo, así como polas situacións que viu sufrir tanto aos emigrantes galegos recén chegados a Venezuela coma ao pobo Venezolano no seu  conxunto, cunha minoría vivindo moi ben a costa dunha maioría na pobreza. Foi un dos fundadores do centro galego de Puerto La Cruz e da Irmandade Galega de Guayana. En tres oportunidades foi secretario de cultura da Irmandade Galega de Caracas onde fomentou valores galeguistas.

Dirixiu o programa radial “Sempre en Galiza” en Venezuela e foi un defensor do proceso de cambio liderado por Chavez.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Xosé Velo Mosquera

Xosé Velo Mosquera (1916-1972), naceu en Celanova. Foi un prolífico pensador, poeta e literato, galeguista, republicano, internacionalista e loitador incansable pola

Mantuanos

Aristocracia local Venezolana formada por brancos de orixe español nos tempos da colonia e cuxos descendentes forman hoxe en día unha

Caracazo

Explosión social acontecida o 27 de febreiro de 1989, como consecuencia das políticas de choque ditadas polo FMI. A rebelión comezou