maduro_edited

Nicolás Maduro

Nicolás Maduro Moros, naceu en Caracas o 23 de novembro do ano 1962.  Sendo moi novo, comezou a traballar como condutor no Metro de Caracas, empresa na que se converteu en dirixente sindical.

En 1993 coñeceu ao Hugo Chávez, cando este se atopaba na cadea por mor da insurrección militar que dirixira un ano antes. A partir dese intre, participou moi activamente nas mobilizacións pola liberdade do Comandante.

Naqueles días, adoitaba reunirse na clandestinidade cos colectivos sociais que apoiaban o proceso revolucionario,  de xeito que, un ano despois, se incorporou ao Movemento Bolivariano Revolucionario 200 (MBR-200) e fundou a “Fuerza Bolivariana de Trabajadores” (FBT).

Ao ser elixido Chávez Presidente de Venezuela no 1999, nomeou a Nicolás Maduro como Coordinador do Equipo Parlamentario na Asemblea Nacional Constituínte, polo Movemento Quinta República (MVR),

Maduro, tamén presidiu a Asemblea Nacional, entre xaneiro e agosto do 2006, data na que Hugo Chávez  o nomeou  ministro de Relacións Exteriores. Dende esa responsabilidade, que exerceu durante máis de seis anos, impulsou a creación de institucións fundamentais para a unión de Latinoamérica e o Caribe, coma a ALBA (2001), Petrocaribe (2005),  UNASUR (2008) e a CELAC (2010).

No outubro do 2012,  ao ser reelixido Chávez presidente de Venezuela, nomeou a Maduro como Vicepresidente Executivo do Goberno Bolivariano. Dous meses despois,  Chávez -durante a súa derradeira intervención radiotelevisada, na que anunciou que axiña ía ter que aturar unha intervención cirúrxica de alto risco- pediu que, no caso de que ficase incapacitado ou falecese,  se elixise a Maduro como Presidente da República Bolivariana de Venezuela.

Pouco despois do falecemento do Chávez, no mes de marzo do 2013,  Nicolás Maduro foi elixido presidente de Venezuela por votación popular, converténdose así no primeiro presidente chavista e obreiro da historia contemporánea do seu país. En maio de 2019 volveu gañar un segundo mandato nas urnas.

Dende o falecemento de Hugo Chávez e a incorporación de Nicolás Maduro como presidente da República, agudizouse o bloqueo económico, comercial e financeiro, que inclúe a imposibilidade de fornecemento de alimentos e menciñas básicos.

Agravaronse as sabotaxes a instalacións esenciais e ataques como as “guarimbas” (bloqueos de rúas por grupos minoritarios moi violentos, que adoitan contar con francotiradores).  Non obstante, Nicolás Maduro e maila revolución bolivariana saíron fortalecidos destes ataques, de cara a maior parte da poboación venezolana.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Manuel Giraldez

Nado en Vigo en 1932 tivo que emigrar a Venezuela aos 25 anos de idade por razóns económicas en pleno Franquismo.

Bloqueo

En Venezuela o Bloqueo economico e financieiro imposto polos Estados Unidos de América impide a exportación de petroleo e a importación

Mantuanos

Aristocracia local Venezolana formada por brancos de orixe español nos tempos da colonia e cuxos descendentes forman hoxe en día unha