Vitrina

Amosámosche esta “vitrina”, por se os seus contidos poden ser do teu interese. 

Escollimos tres obras do galego-venezolano Farruco Sexto, poeta, artista e político, que amablemente nolas cedeu, como xeito de promocionar á Agrupación Xosé Velo.

Litografía

O autor pintou un cadro coa referencia de Rosalía de Castro. Baixo a súa dirección técnica, editamos 100 litografías do cadro orixinal, cada unha delas asinada e numerada a man por Farruco Sexto.

As características técnicas das litografías son:

O prezo (aparte gastos de envío) é:

Ao pouco de voltar a Galiza (onde reside temporalmente), Farruco Sesto describe en dous pequenos libros -escritos en galego- algunhas das referencias políticas que recibira de Hugo Chávez, co que colaborou estreitamente como ministro do seu goberno, durante os últimos 10 anos de vida do líder bolivariano.

A nosa Agrupación Xosé Velo editounos en papel (baixo o criterio do autor), en edición rústica de 12x18cms. e ilustracións en cor.

Ser de esquerdas despois de Chávez

No limiar do libro “Ser de esquerda despois de Chávez” (62 páxinas), Farruco Sexto explica o motivo: “a partir da miña experiencia como militante da esquerda, no proceso que levou á Revolución Bolivariana, escribín algunhas ideas sobre o que significa ser de esquerda no mundo contemporáneo”.

O Chávez do que dou fe

E, no libro “Chávez, do que dou fe” (168 páxinas), escribe: “Dou fe da persoa que coñecín, un ser humano excepcional, sensible, divertido, de intelixencia prodixiosa e cunha inmensa capacidade de entrega. Un revolucionario integral. Un mestre da vida e da política”.

Envíanos a túa información