Novo fracaso do golpismo en Venezuela, esta vez por mar

 

Fracasa unha incursión por mar de mercenarios, que se achegaron a costa de Macuto, moi preto da Guaira -é dicir, do mais importante porto de Venezuela e tamén do aeroporto internacional de Maiqueitia-  na pasada madrugada, do 3 de maio de 2020, procedentes  de Colombia, segundo indican os GPS incautados nas embarcacións asaltantes.

As primeiras noticias transcendían a través das redes sociais, que daban conta de tiroteos  dende buques gardacostas, e helicópteros voando a escasa altura, na vila de Macuto, no Estado de A Guaira. Posteriormente o ministro do Interior, Xustiza e Paz, Néstor Reverol, informou de que a Forza Armada Nacional Bolivariana, xunto coas Forzas de Acción Especial da Policía Nacional, contrarrestaron unha incursión mercenaria que tiña como obxectivo crear un clima de desestabilización e intentar novamente  un golpe de Estado.

Durante a operación, oito mercenarios caeron abatidos e outros foron detidos. Entre os falecidos estaría o ex-capitán Robert Colina, alias “Pantera”, que viña de gravar un vídeo esta mañá en Twitter. O militar desertor Clíver Alcalá, fuxido da xustiza venezolana e agora nos Estados Unidos (tras terse entregado por unha acusación de narcotráfico), admitiu hai unhas semanas que “Pantera”era un dos seus homes “de confianza”. Nunhas declaracións nas que tamén acusou a Juan Guaidó de ter asinado a compra das armas para a operación.

Entre os arrestados atopase un axente da DEA, segundo declarou o Presidente da Asamblea Lexislativa Diosdado Cabello.

Tamén se incautaron 10 rifles, unha pistola Glock de 9 mm, dúas ametralladoras AFAG que formaban parte do parque de armas do Palacio Lexislativo Federal, roubado o 30 de abril de 2019, seis vehículos terrestres, un barco con dúas lanchas foraborda, dous cadernos con detalles da operación, teléfonos por satélite, identificacións, uniformes (incluído un casco coa bandeira americana) e cartuchos de diferentes calibres.

Algunhas das armas e equipos electrónicos incautados nesta operación, cadran nos seus modelos cos empregados hai un ano, o 30 de abril de 2019, cando algúns desertores da FANB e mercenarios tomaron o distribuidor Altamira, en Caracas, nun intento fracasado de depor ao goberno do presidente Nicolás Maduro, para poñer no seu lugar ao Juan Guaidó.

 

Telefono por satelite e casco incautados

 

O día  anterior a esta operación, é dicir o 1 de maio, a axencia de noticias norteamericana AP, explicaba o plan de Cliver Alcalá para acabar con Maduro, que consistía en entrar no pais cuns trescentos homes e desatar unha rebelión popular; utilizaría para elo a axuda dun ex-marine norteamericano de nome Jordan Goudreau que traballa como mercenario e co que (segundo afirma a xornalista opositora Patricia Poleo, afincada  em Miami) Guaidó asinou un contrato, que ven de ser presentado na televisión coas súas respectivas sinaturas.

Desde Riohacha (Colombia), Clíver Alcalá levaba organizando esa trama dende hai tempo. O pasado mes de marzo, a policía colombiana interceptou e incautou un alixo de armas de guerra que serían transferidas por rutas ilegais a territorio venezolano; daquela, Clíver Alcalá manifestara que ese alixo era parte do seu material bélico.

Associated Press (AP) afirma tamén que unha empresa de contratistas militares, Silvercorp, que asinou polo menos un par de contratos co goberno estadounidense, recibiu o encargo de formar desertores da Forza Armada Nacional Bolivariana (FANB) e mercenarios en tres campos de Colombia, para o grupo de Cliver Alcalá.

A ultima hora da noite de hoxe (domingo, 3 de maio), Venezuela continúa en alerta e non se descartan novas detencións.

A Armada Bolivariana manifestou a súa lealdade ao Goberno

Comparte:

Artigos recentes