O país mais perigoso do mundo.

O senador Iván Cepeda Castro é unha persoa valente. Aínda que vive nun país que, segundo a ONU, é “o máis perigoso do mundo para os defensores dos dereitos humanos“, atreveuse a crear unha asociación para investigar e reivindicar as “Vítimas de Delitos do Estado“.

O compromiso do senador Cepeda por defender os dereitos humanos ven dende hai tempo, cando o seu pai, líder do partido “Unión Patriótica”, foi asasinado con impunidade nas rúas de Bogotá. É que o “pais mais perigoso do mundo” é Colombia.

O relator da ONU, Michel Forst, presentou este ano un informe sobre Colombia no que afirma que “os defensores dos dereitos humanos son agredidos e asasinados por procurar a paz, opoñerse aos intereses do crime organizado, ás economías ilegais, a corrupción, a tenencia ilegal de terras e por protexer as súas comunidades”.

                                                                                                                 Estratexia perversa

Na entrevista de RT. que reproducimos ao final deste comentario, Iván Cepeda explica que, cando os grupos paramilitares non poden domear aos líderes das organizacións sociais con ameazas, agresións ou torturas, entón van a polos seus achegados. É unha estratexia perversa que adoita rematar co asasinato.

Cepeda acusa ao Goberno colombiano de mentir, cando di que as mortes violentas dos líderes sociais son consecuencia do tráfico de drogas. Deste xeito -engade- tentan achantar varios verdades “incómodas” para o poder:

  • o desprazamento forzado das comunidades labregas, co fin de apropiarse da súa terra.
  • a negación ás vítimas do dereito a seren escoitadas
  • a responsabilidade penal do Estado colombiano.

 

Aínda mais, di Cepeda que o narcotráfico non podería existir en Colombia sen a complicidade do Estado: “é inexplicable que sexa nas zonas máis militarizadas do país, onde floreza o tráfico de drogas”.

                                                                                                                  A complicidade do Estado

“Hai complicidade, hai alianzas con organizacións paramilitares e hai uso dos servizos criminais desas organizacións, a causa da participación activa do Exército e da policía e da súa corrupción”.

Tamén hai un silencio institucional, xa que ninguén responda á pregunta de quen dá as ordes a estes grupos, malia que esas persoas son as responsables dos actos delituosos, que se están a cometer de xeito cotián.

Cepeda especifica: “se afondas, atopas que detrás dos asasinatos de líderes sociais están os problemas da terra, están os terratenentes”. E engade: “detrás dos asasinatos de persoas polas denuncias de corrupción,  atópanse os políticos e os militares”.

“Porque -continúa- aquí o problema reside en identificar quen está detrás, quen apoia as estruturas paramilitares, quen  se beneficia política e economicamente deste negocio todo. Se afondamos nas averiguacións, é inevitable chegar aos clans dom poder político e económico.”

A situación é cada vez máis grave, porque o ritmo e  frecuencia dos asasinatos de líderes sociais e de ex-combatentes que aceptaron os acordos de paz, están a medrar. Entón, Colombia non só está a ser o país máis perigoso do mundo para os defensores dos dereitos humanos, senón que ese risco vai a mais.

Os grandes medios de comunicación occidentais (incluídos os colombianos) agochan estas informacións. Vese que, para eles, é máis interesante inventar contos da súa veciña Venezuela, ou -como din eles – do “réxime de Maduro”.

“El problema radica en quiénes están detrás, quiénes se benefician”: el senador Iván Cepeda analiza los asesinatos de líderes sociales en Colombia”

https://actualidad.rt.com/actualidad/357456-senador-colombia-ivan-cepeda-asesinato-lideres-sociales

 

 

Comparte:

Artigos recentes