Quen somos

Somos un grupo de persoas, aberto a diferentes referencias ideolóxicas, que estamos interesadas en coñecer e informar da situación en Latinoamérica, tan vencellada afectivamente á nosa terra.

Cal é a situación?

América Latina, foi considerada sempre polos Estados Unidos -secundados despois pola Unión Europea- coma un territorio que ten que estar baixo o seu dominio, polo que tenta exercer sobre el un férreo control político e económico.

Pero a andaina da rexión, cara á súa completa independencia, está a avanzar cada vez con máis firmeza. É por iso que boa parte dos medios de comunicación de EEUU e a UE, manipulan moitas novas referidas a Latinoamérica, para darnos unha imaxe distorsionada do que alí acontece

Que facemos?

Espallamos información da realidade política, social e económica de Latinoamérica e fomentamos o uso da opinión crítica.

Establecemos vencellos de cooperación e solidariedade internacional.

De que xeito?

e tamén en reunións e faladoiros, tanto presenciais como dixitais.

Quen foi Xosé Velo?

A nosa Agrupación, tomou o seu nome dun histórico loitador: Xosé Velo Mosquera (Celanova 1916 – Sao Paulo 1972), galeguista, republicano e internacionalista, que mantivo unha longa e intensa actividade política en Latinoamérica.

Xosé Velo foi un firme defensor da unidade de acción das organizacións de esquerda e participou na resistencia contra a ditadura de Franco, polo que en 1948 tivo que fuxir a Venezuela, dende onde traballou arreo a prol de Galiza e da América Latina.

En 1961, dirixiu unha audaz operación, para denunciar as ditaduras dos Estados español e portugués: a captura do buque Santa María”, que transportaba unhas 1.000 persoas entre Venezuela e Galiza. Rematada a acción, obtivo asilo político no Brasil, onde residiu até a súa morte, aos 55 anos.