caracazo1

Caracazo

Explosión social acontecida o 27 de febreiro de 1989, como consecuencia das políticas de choque ditadas polo FMI.

A rebelión comezou en Guarenas, cidade dormitorio nas aforas de Caracas. Os traballadores que prestaban servizos na capital, despois dunha etapa de privacións e carestías, nunha Venezuela cunha taxa de pobreza en torno ao 68%, atopáronse a primeira hora da maña con que  o prezo do billete de autobús se tiña duplicado.

Os disturbios estendéronse á cidade de Caracas, e despois xa a media mañá ás cidades de Maracay, Valencia, Barquesimeto, Ciudad Guayana e Mérida.

Ao cabo dunhas horas comezaron os saqueos de tendas e supermercados. Mocidades dos suburbios pobres chegaron até as zonas privilexiadas de Caracas. Os saqueos prolongáronse todo o día e toda a noite, nunha importante sublevación.

Esa sublevación foi seguida de cinco días de brutal represión militar. Aínda que non se deu información oficial do número de civís mortos, diversas fontes estiman que foron unhas 3.000 persoas.

O Caracazo supuxo o fin do antigo Réxime e dá comezo a historia actual de Venezuela.

Ese día o daquela tenente Hugo Chávez estaba enfermo e fóra de servizo. Nin el nin o resto dos militares do Movemento Bolivariano contaban coa revolta e non deron reaccionado a tempo. A participación na represión provocou nalgúns sectores do exército, sobre todo entre os oficiais intermedios, un sentimento de culpa e resentimento contra os entón dirixentes políticos, o que os levou a apoiar o Movemento Bolivariano e o fracasado levantamento de Hugo Chavez en 1992.

Moi famosa foi en Venezuela a súa mensaxe de rendición parcial: “Compañeros, lamentablemente, por ahora, los objetivos que nos planteamos no fueron logrados…”

Ese “por ahora” foi interpretado como unha promesa de regreso.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Bloqueo

En Venezuela o Bloqueo economico e financieiro imposto polos Estados Unidos de América impide a exportación de petroleo e a importación

Gran Polo Patriótico

Coalición de partidos políticos que apoian ao goberno bolivariano, creado por Hugo Chavez. Está formada entre outros por: PSUV (Partido Socialista

Farruco Sesto

Francisco de Asís Sesto Novas (Vigo, Galicia, 11 de outubro de 1943), coñecido como Farruco, é un arquitecto, escritor, político, ex