gran2bpolo2bpatri25c325b3tico

Gran Polo Patriótico

Coalición de partidos políticos que apoian ao goberno bolivariano, creado por Hugo Chavez.

Está formada entre outros por:

PSUV (Partido Socialista Unido de Venezuela):

Creado por Chávez no 2007, para substituír ao movemento electoral que o levara á presidencia de Venezuela (Movimiento V República), do que forman parte a maior parte dos membros do goberno venezolano, ten coma ideoloxía o bolivarianismo e o socialismo do século XXI. O seu presidente é Nicolás Maduro e o seu vicepresidente é Diosdado Cabello. A meirande parte do Goberno Bolivariano está formada por militantes desta organización.

 

PPT (Patria Para Todos): é o segundo partido con mais historia do Gran Polo Patriótico e por el pasaron algunhas das figuras destacadas da esquerda venezolana, entre elas varios ministros de Chávez coma Alí Rodríguez Araque e Aristóbulo Istúriz, incluíndo a algúns de orixe galega coma Farruco Sesto e María Cristina Iglesias. Hoxe en día o seu peso electoral é moi pequeno comparado co PSUV, e menor ao do PCV.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Guerra de cuarta xeración

Tamén coñecida coma guerra non convencional refírese na doutrina militar estadounidense á guerra por medios diferentes ao afrontamento entre dous exércitos

Lorenzo Mendoza

Empresario cunha das tres maiores fortunas de Venezuela que herdou unha empresa de distribución, transformación e empaquetado de alimentos chamada Industrias

Bloqueo

En Venezuela o Bloqueo economico e financieiro imposto polos Estados Unidos de América impide a exportación de petroleo e a importación

Leopoldo López

Leopoldo Eduardo López Mendoza, naceu en 1971 en Caracas. É un  político ultradereitista venezolano, membro da familia Mendoza, unha das mais