entrega AXV-06

Misiones Sociales (Sistema Nacional de)

É o mecanismo utlizado polo estado Venezolano para chegar aos sectores mais vulnerables da sociedade, xa que co estado corrupto e ineficiente herdado dos tempos da colonia primeiro, das dictaduras e da cuarta república non era posible achegar os recursos a quen os precisaba.

A primeira Misión foi Barrio Adentro, que con axuda de Cuba permitiu a asistencia sanitaria nos “barrios” (favelas) a xente que moitas veces nunca vira un médico de cabeceira.

Seguiuna a Misión Robinson que permitiu aprender a ler a un millón e medio de persoas até aquel momento analfabetas e as Misións Ribas e Sucre que permitiron o acceso á educación media e superior a centos de milleiros de persoas até aquel momento excluidas.

Existen moitas outras coma a Identidade que permitiu ter “cédula” (DNI) a milleiros de persoas que até ese entón  simplemente non existian para as insitucións.

Unha das mais emblemáticas dos tempos recentes é a Misión Vivienda que ten outorgado mais de tres millóns de vivendas até hoxe a persoas de baixos recursos.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Aló Presidente

“Aló presidente” foi un programa de televisión emitido os Domingos polo “Sistema Nacional de Medios Públicos de Venezuela” dende 1999 ata

Leopoldo López

Leopoldo Eduardo López Mendoza, naceu en 1971 en Caracas. É un  político ultradereitista venezolano, membro da familia Mendoza, unha das mais

Caracazo

Explosión social acontecida o 27 de febreiro de 1989, como consecuencia das políticas de choque ditadas polo FMI. A rebelión comezou

Gran Polo Patriótico

Coalición de partidos políticos que apoian ao goberno bolivariano, creado por Hugo Chavez. Está formada entre outros por: PSUV (Partido Socialista