Henrique_Capriles_Radonski_2

Partidos da Oposición

Na actualidade son case 30 partidos, moitos deles de pouco peso e duración. Van dende a extrema dereita ultraliberal e ultracatólica, pasndo pola dereita convencional, até a socialdemocracia. Utilizan definicións diferentes das que estamos habituados a utilizar en Europa. De feito non se definen como conservadores ou de dereita senon que utilizan termos como “ordoliberalismo”. Danse alianzas  dificiles de comprender noutros contextos coma a dun partido denominado Stalinista con outro que se define como Tatcherista Ultraneoliberal. Nesa liña deuse unha estraña alianza entre Stalin (Gonzalez) e Nixon (Moreno) dúas das súas cabezas visibles.

Os mais recoñecibles son:

ADECOS (membros do partido AD): para entendelo dende una perspectiva do Estado Español son o equivalente histórico ao PSOE (de feito con Felipe González foron moi amigos e repartíronse amaños de negocios de beira á beira do atlántico). Alternaron no poder durante 40 anos co partido dos COPEYANOS. Practicamente desaparecerán coa chegada de Chávez pero recuperáronse algo nos últimos anos, sendo un dos partidos mais grandes da oposición.

COPEYANOS (membros do partido COPEI):  equivalente venezolano do PP. Alternouse no poder durante 40 anos con AD. Convertéronse nun partido moi minoritario trala vitoria electoral de Chávez.

Pacto de Punto Fijo:  chámase así ao pacto ao que chegaron os partidos os dous partidos maioritarios en Venezuela, AD e COPEI, trala caída do ditador Pérez Jiménez no ano 1958, para desbotar a calquera alternativa á súa esquerda da alternancia no poder, nomeadamente ao Partido Comunista que participara con eles na loita para derrocar ao autócrata. Ficou liquidado ca chegada de Hugo Chávez á presidencia de Venezuela, no ano 1999.

Mesa de Unidad Democrática(MUD): é a coalición minguante, creada no ano 2008, para enfrontarse ao goberno bolivariano. Despois de moitas escisións, aínda agrupa á maioría dos partidos opositores e particularmente aos mais extremistas de entre eles. O seu predecesor foi a Coordinadora Democrática que era basicamente o mesmo con outro nome ate a súa implosión.

Primero Justicia: escisión de COPEI fundada, no ano 2000, despois da perda de credibilidade de AD e COPEI. Moitos dos seus membros proceden deses partidos; aínda que as facianas visibles foron en xeral xente mais nova e non tan desacreditada ante a poboación coma os dirixentes adecocopeyanos. O seu primeiro líder e perenne candidato presidencial derrotado contra Chávez foi Enrique Capriles, membro dunha das familias mais ricas de Venezuela. Outro dos seus persoeiros principais é Julio Borges, actualmente dedicado a viaxar polo mundo para pedir sancións para Venezuela.

Un Nuevo Tiempo: partido formado por ex-membros de AD creado polas mesmas razóns que e Primero Justicia  (o desprestixio de AD). O seu fundador é un antigo gobernador do Estado Zulia, quen fora acusado de corrupción e do cal separouse Leopoldo López para fundar Voluntad Popular.

Voluntad Popular: creouse  no ano 2009, tentando ocupar o espazo do partido Primero Justicia. O seu presidente e fundador, Leopoldo López ,pertence á familia Mendoza, unha das tradicionalmente mais ricas e poderosas de Venezuela, e forma parte da seita ultradereitista “Tradición, Familia y Propiedad”. Promoveu e dirixiu varias mobilizacións violentas (“guarimbas”) contra o Goberno; a última de elas, no ano 2014, provocou 43 mortos e mais de 800 feridos, motivo polo que foi xulgado e condenado á 13 anos de cadea, que -posteriormente- pasou a cumprir no seu domicilio; nesa situación, en maio do 2019 dirixiu un novo intento de golpe de Estado; dende aquela, permanece agochado na embaixada española de Caracas

Vente Venezuela: partido creado no ano 2012 por Maria Corina Machado, membro dunha das familias tradicionalmente mais ricas de Venezuela (os Machado Zuloaga) e curmá de Lorenzo Mendoza e Henrique Capriles. É un dos partido dos mais radicais da oposición e dos poucos que se definen abertamente como de dereitas, e pro-capitalismo neoliberal.

Avanzada Progresista: aínda que non é un partido dominante no conxunto da oposición, probablemente é o mais grande da oposición moderada, disposta a negociar co goberno para evitar saídas violentas ao afrontamento político. Fundouse no ano 2012.

Movimiento al Socialismo(MAS): fundado en 1973. É un partido socialdemócrata, integrado na oposición moderada, e que -antes da chegada de Hugo Chávez- formou parte de coalicións de goberno cos “adecos”. Un dos seus fundadores, Teodoro Petkoff, sendo ministro de planificación, negociou co FMI as medidas económicas que deron lugar ao Caracazo e a conseguinte masacre. Malia coincidencia dos seus nomes, non ten nada que ver co seu homónimo partido político boliviano.

Para entender Venezuela, ver todo o dicionario.

Comparte:

Máis no dicionario

Guerra Económica

É unha parte da guerra de cuarta xeración que inclúe dende un bloqueo económico directo a acción menos evidentes coma o

Leopoldo López

Leopoldo Eduardo López Mendoza, naceu en 1971 en Caracas. É un  político ultradereitista venezolano, membro da familia Mendoza, unha das mais

Nicolás Maduro

Nicolás Maduro Moros, naceu en Caracas o 23 de novembro do ano 1962.  Sendo moi novo, comezou a traballar como condutor

Amos del Valle

Nome que ten orixe nunha novela venezolana e que fai referencia a unha especie de “nobreza” venezolana conformada polos descendentes dos