No ano 1972 cando o Partido Socialista Obrero Español se dividiu en dous bandos: os “históricos”, liderados por Llopis e os renovados” dirixidos por dous descoñecidos, Felipe González e Alfonso Guerra, apelaron á Internacional Socialista para que dirimira que parte do partido se quedaba coas siglas históricas.
Esta internacional Socialista en 1974 de forma inapelable decidiu outorgar o nome do histórico partido a Felipe González e Alfonso Guerra. Nesta decisión foi capital o papel do entón presidente Venezuela, Carlos Andrés Pérez.
Pero o papel de Carlos Andrés Pérez e Cisneros en favor de González non rematou aquí. Ambos xunto con Brant axudaron a financiar eses primeiros anos do PSOE.
A amizade entre Carlos Andrés Pérez (CAP)e Felipe González foi tan sólida que xa nos setenta lle permitía a Felipe González utilizar o seu avión privado. Pola súa parte Felipe González rendeulle honras a Pérez nun obituario no diario EL PAIS, ignorando que este morreu no exilio perseguido por malversación de caudales públicos. Tamén chama a atención que no seu obituario se pase de puntillas polo Caracazo onde as forzas do orde CAP dispararon contra civís desarmados e produciron unha cantidade indeterminada de mortes, que se estima perto das 3000.
O terceiro amigo Gustavo Cisneros. Carlos Andrés Pérez e Cisneros axudou económicamente na campaña electoral de 1982 que levou a Felipe González á presidencia española.
Un ano despois de ganar as eleccións o Goberno español, con González como presidente, expropia o grupo RUMASA. Unha das suas xoias eran os coñecidos almacéns Galerias Preciados. Estes foron vendidos en 1984 en subasta por 1.500 millóns de pesetas a unha empresa do empresario venezolano Cisneros, un prezo de saldo. Cisneros revendeuno á firma británica Mountleigh tres anos despois por 30.600 millóns de pesetas. O labor de Carlos Andrés foi capital nesta negociación. As arcas públicas españolas deixaron de ingresar 29.100 millóns de pesetas e a amizade Cisneros-González-Pérez consolidouse.
Posteriormente, e coincidindo coa presidencia de Felipe González en España e a de Carlos Andrés Pérez en Venezuela PRISA, a empresa propietaria dun poderoso consorcio mediático do que forma parte o periódico «El País», irrumpiu nas redes de comunicación venezolanas, a editorial Santillana, pertencente a o dito grupo, xa antes ben posicionada, pasou a copar o mercado do libro de texto.
No ano 2000, Maria Antonieta Mendoza de López, nai de Leopoldo López, pasou a ocupar o cargo de Vicepresidenta de Asuntos Corporativos do grupo empresarial ‘Organización CISNEROS’.
A chegada de Hugo Chavez ao poder supuxo un golpe para os intereses económicos de PRISA e para a editorial Santillana, xa que antepuxo os intereses do país sobre os negocios dos seus predecesores.
Non parece que as posturas de PRISA e a do propio González sobre o asunto venezolano sexan, dadas estas circunstancias demasiado obxectivas.
Por iso non é de extrañar que Zapatero quen carece de intereses económicos en Venezuela manteña unha liña mais fría e mais conforme a dereito internacional que o expresidente Felipe González cando este di considerar a Juan Guaidó como “único representante lexitimado democráticamente” de Venezuela, “de acordo coa Constitución” venezolana, ignorando que en Venezuela o presidente elixese directamente e non a través da Asemblea Nacional.