Silvio Santiago – En Caracas fuxindo do franquismo

 

Silvio Santiago, o autor coñecido por obras como “Vilardevós” ou o “Silencio Redimido” tivo unha importante actividade na comunidade Galega de Caracas durante os anos do Franquismo

 

Chegou a Caracas en 1939. Na Galiza fora activo no sindicalismo e foi encarcerado logo do golpe de estado de xullo de 1936, en Verín e na Coruña. Un irmán seu, Xacinto, director da revista “La Zarpa”, é asasinado eses días. Logo de saír da cadea, foxe a Portugal en 1937, onde pasa agochado uns mese.  Vai a Cuba en 1938, para chegar ao ano seguinte a Venezuela, onde estará ata 1958, que volta a Coruña, onde morre en 1974.

Da vida anterior á súa vivencia americana non temos moitos datos. Nin do seu activismo, nin da súas actividades culturais.

En Caracas tivo éxito nas súas actividades empresariais, pero non pori iso deixou de participar asiduamente en diversos campos sociais. Fundou ata tres sociedades de emigración, Lar Gallego, Centro Gallego de Caracas e Casa de Galicia. Nelas e entre elas, había unha disputa entre o sector republicano, galeguista e de esquerdas e o sector mais afín ao franquismo, que tiña contactos frecuentes coa embaixada española.

 

Dirixiu  un programa de radio, “Hora Gallega”, tamén e responsable da fundación de varias revistas, entre elas “Galicia”. Sempre mantivo vivos os contactos co galeguismo  e existe abundante correspondencia con persoas fundamentais do galeguismo na nosa terra ou no exilio: Castelao, Otero Pedrayo,  Blanco Amor, Ramiro Ila Couto, Xaime Ila Couto, Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Ben-cho-sey.  Pero tamén do con intelectuais afíns ao réxime franquista coma Camilo José Cela ou Fraga Iribarne.

Varias destas persoas, Cela, Blanco Amor, García Sabell, Fernández del Riego e Otero Pedrayo van dar conferencias en Caracas con gran afluencia de público. Silvio Santiago é un dos mecenas  tanto da creación de Editorial Galaxia e da Fundación Penzol, coma do dicionario de Eladio Rodríguez.

Volve á terra en 1958, concretamente, á Coruña. Pero como  non pode deixar de construír unha casa na súa aldea natal, Vilardevós.

Escribe “Vilardevós” en 1961 e “O silencio redimido”, en 1963. Este último, escrito coas lembranzas da represión, non o pode publicar debido á censura franquista. Publícao Galaxia en 1976, dous anos despois do seu pasamento.

O Consello da Cultura galega levou a cabo un importante traballo de dixitalización do seu arquivo, composto por 3.500 documentos. Entre eles algúns inéditos coma o que chamou “Apuntes de la España fascista a través de mí”.

Comparte:

Artigos recentes